sábado, 23 de septiembre de 2017

VIDA DE MANUEL GARCIA BARROS

CRONOLOXÍA
  • 1876. 16 de novembro. Nace Manuel García Barros no lugar de Ulla da Parroquia de Berres.
  • 1898. Publica o seu primeiro poema en “Luz y Sombra” de Vigo.
  • 1903. 23 de maio. Escribe a necrolóxica de Marcial Valladares en El Ancora. Indica que é a primeira vez que escrebe en Castelán.
  • 1905. 25 febreiro. Obtén o título de Mestre de 1° Ensino Elemental.
  • 1906. Casa con Carme Insua e vai vivir a Pousada (Callobre).
  •  O 15 de decembro nace o xornal “El Estradense” do que será fundador e director.
  • 1907. 22 de novembro. É procesado e encadeado como director de “El Estradense” acusado de calumnias.
  • 1908. Marzo. Volve ser encadeado por delito de opinión.
  • Deixa de publicarse “El Estradense”.
  • 1916. 1 de setembro. A sociedade de Instrución “Unión de Rubín” concédelle unha distinción con motivo ao “triunfo alcanzado por la escuela de su dirección [Rubín], en el Certamen Escolar celebrado en Lagartones el dia 16 de Mao de 1916". 15 de setembro. Consegue un accesit nun premio literario en Pontevedra e a súa foto sae en “Vida Gallega”.
  • 1920. O 15 de setembro sae outro novo xornal “El Emigrado” do que será director Otero Abelleira e el xefe de Redacción.
  • 1923. 15 de maio. Toma posesión como mestre interino da escola de Rubín co soldo de 2000 pts. ao ano.
  • 1924. 31 de Xaneiro saen as súas primeiras Rexoubas no xornal “El Emigrado” asinadas co pseudónimo Ken Keirades.
  • En Xullo o seu conto O fútbol en Malpocados recibe o premio onza de Ouro nos xogos florais de Santiago.
  • 1925. 19 de xullo. Viaxe ao Pico Sacro con Castelao.
  • 1926. 11 e 16 de nadal. Representase a súa obra Carta da Habana no Salón Novedades da Estrada en solidariedade con Cuba, arrasada por un trebón o 20 de outubro dese ano.
  • 1927. 8 de xaneiro. Nomeado mestre interino de Curantes (A Estrada) co soldo anual de 2000 pts. Aproba as oposicións de Mestre Nacional. O seu primeiro destino será a escola de Pepín. Concello de Castrelo do Val (Ourense). Toma posesión o 15 de setembro e o soldo é de 3000 pts.
  • 1929. 1 de abril. Toma posesión como mestre propietario da Escola Nacional de S. Pedro e Sto. Tomé de Ancorados (A Estrada) co soldo de 3000 pts. ao ano. O seu traballo Falemos na nosa Fala gaña o certame literario de exaltación da muller galega celebrado en Pontevedra.
  • 27 de xullo. Festival da Unión Estradense en Bos Aires na Honra de García Barros e en beneficio do Seminario de Estudios Gallegos.
  • 1931. Publícase Contiños da Terra. Recollendo algúns dos seus relatos curtos. Xaneiro. Publica Oración de media noite no xornal “A Fouce” de Bos Aires.
  • 1932. 5 de novembro. Toma posesión da praza de Mestre de Escola Nacional de San Pedro e Sto. Tomás de Ancorados, co soldo de tres mil cincocentas pesetas.
  • 1933. O Centro Republicano da Estrada no que está MGB decide darse de baixa do Partido Republicano Galego e ingresar en Acción Republicana.
  • Comeza a súa sección Aguilloadas no xornal ”EI País” de Pontevedra.
  • 1936. É detido e levado ao Cuartelillo de Tabeirós. Está a punto de ser paseado polos falanxistas. 30 de agosto. Suspendido de emprego e soldo por orde do Gobernador Civil.
  • 1939. Verán e Outono. Redacta e difunde clandestinamente Divagaciones sobre lo discutible e indiscutible.
  • Nace o pseudónimo Fulgencio Tizón que usará nos seus ensaios anti-integristas.
  • 1940. 20 de maio. Orde para separar definitivamente a Manuel García Barros do servicio como Mestre Nacional.
  • Xuño. Dedicado a Otero Pedrayo escribe Sonata de San Xohan.
  • 1942. Remata de escribir As aventuras de Alberte Quiñoi.
  • 7 de xullo. Contacta con Bieito Fernández de cara a reorganización do galeguismo: “Cumpríame saber si estades por ahí...”
  • 1943. Primavera. Escribe Para el buzón del padre P.
  • 1949. A súa novela As aventuras de Alberte Quiñoi foi unha das catro obras finalistas no concurso literario do Centro Galego de Bos Aires.
  • 1952. Publícase en Bos Aires a 2ª edición dos Contiños da Terra co apoio do Centro Cultural do Partido da Estrada.
  • Presenta Fiunchos ao concurso literario do Centro Galego. Contos de Fiunchos están incluídos en Enredos.
  • 1955. 27 de agosto. Foi detido e procesado xunto con Francisco Fdez. del Riego e Domingo Lemos acusados de rebelión militar por posesión de publicacións prohibidas (“diversas revistas de carácter comunista editadas en Buenos Aires por los rojos en el exilio”).
  • 1957. 31 de marzo. Foi nomeado membro da Real Academia Galega.
  • 1958. “O Gaiteiro de Lugo” edita varias poesías súas.
  • 1972 12 de abril. Finou Manuel García Barros.
  • Novembro. Edítase ao fin As aventuras de Alberte Quiñoi na súa primeira edición.


BIBLIOGRAFÍA
GARCÍA BARROS, MANUEL. Dos meus recordos. Ed. Galaxia. Vigo. 2001.
GARCÍA BARROS, MANUEL. Aventuras deAlberte Quiñoi. Ed.Castrelos.Vigo. la Ed. 1972. 2ª Ed. 1976.
GARCÍA BARROS, MANUEL. As aventuras de Alberte Quiñoi. Ed. Via Láctea. Santiago. 1990. GARCÍA BARROS, MANUEL. Enredos. Ed. Galaxia. Vigo. 2000.
GARCÍA BARROS, MANUEL. Contiños da Terra. Ed. Xerais. Vigo. 1999.
GARCÍA BARROS, MANUEL. Contiños da Terra. Ed. Nós. Santiago. 1931.
GARCÍA BARROS, MANUEL. Contiños da Terra. Ed. Centro Cultural del Partido de la Estrada. Buenos Aires. 1952.
GARCÍA BARROS, MANUEL. Enredos. Ed. Galaxia. Vigo. 2000.
GARCÍA BARROS, MANUEL. Divagacións sobre o discutíbel e o indiscutíbel. in Pensamento  galeguista da posguerra. Antoloxía. Ed. A Nosa Terra. Vigo. 1997.
F. RODRÍGUEZ, M. Manuel García Barros. Ed. Xunta de Galicia. 1996.
FREIXEIRO MATO, X.R. Cos pés na Terra, Personalidade e obra inédita ou esquecida de Manuel García Barros. Ed. Fouce. A Estrada. 1998.
GARRIDO COUCEIRO, X.C. Manuel García Barros, Loitando Sempre. Ed. Fouce. A Estrada. 1995.
GARRIDO COUCEIRO. X.C. Manuel García Barros. Ed. Fervenza. A Estrada. 2002.


No hay comentarios:

Publicar un comentario