Mostrando entradas con la etiqueta cartografia de apellidos de Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cartografia de apellidos de Galicia. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de junio de 2013

UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CARTOGRAFÍA DOS APELIDOS DE GALICIA



USC. INSTITUTO DA LINGUA GALEGA


http://ilg.usc.es/cag/

(acceda por éste enlace)


PROXECTO


A Cartografía dos apelidos de Galicia (CAG) é un proxecto do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela que ten como finalidade ofrecerlles ós usuarios unha ferramenta de investigación para poderen coñecer a difusión territorial dos apelidos de Galicia. Esta ferramenta sérvese dun sistema de información xeográfica que combina a estatística e a análise espacial.
A CAG proporciona información que pode resultar de interese para diversas disciplinas: a dialectoloxía, a historia do léxico, a sociolingüística, a demografía, a historia da economía, a xenealoxía, etc. Os apelidos de hoxe orixináronse pola necesidade de identificar e distinguir as persoas. E para iso utilizáronse sobrenomes, patronímicos ou designativos de lugar, que só se comezaron a facer hereditarios en Galicia desde finais da Idade Media. A maioría dos apelidos de Galicia teñen orixe en nomes de lugar (apelidos toponómicos: Piñeiroou Castro), en nomes de persoa (apelidos patronímicos: González ou Vázquez) ou en nomes de oficios, dignidades, animais, características físicas, etc. (apelidos lexicais: Ferreiro, Conde, Pita, Rouco ou Louzao).
A CAG ofrece información da frecuencia e distribución dos apelidos de Galicia a partir dos datos do Censo de poboación do ano 2001, proporcionados polo Instituto Nacional de Estadística (Madrid) á Real Academia Galega. A páxina facilita información sobre o número de apelidos que se rexistra en cada concello e sobre a porcentaxe de apelidos do concello tendo en conta o número total de apelidos. Esta información númérica represéntase nun mapa temático dos concellos en que a frecuencia de aparición do apelido se marca cunha gradación de cores.
Os membros do equipo actualizan con regularidade a páxina con novas achegas e coas suxestións que lles fan chegar todos os usuarios. As persoas que queiran facer consultas ou suxestións poden envialas a través deste formulario de (Contacto). Agradecemos por adiantado todas as indicacións que nos envíen.

EQUIPO

Coordinadores do proxecto: Ana Isabel Boullón Agrelo e Xulio Sousa Fernández.

Colaboradores: Raquel Rodríguez Parada (2005-2007), Rocío Dourado Fernández (novembro 2006-outubro 2007), Miguel Mosquera Fociños (2008-2010) e César Osorio Peláez.

Desenvolvemento da aplicación: Ana Isabel Suárez Moreno (2009-2010), César Osorio Peláez (2011).

O equipo do proxecto agradece a colaboración do profesor José Ramón Ríos Viqueira (Escola Técnica Superior de Enxeñería - USC) no deseño e desenvolvemento da aplicación.

A Cartografía de apelidos de Galicia é un proxecto de investigación do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolveu coas axudas financieiras da Real Academia Galega (versión do 2006) e da Secretaría Xeral de Universidades (versión de 2010). A primeira versión da aplicación levouse a cabo en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)

Nota metodolóxica: Por cuestión de segredo estatístico, non se poden mostrar resultados de rexistros que teñan 5 ou menos ocorrencias por concello.

Forma de cita: Ana Isabel Boullón Agrelo / Xulio Sousa Fernández (dirs.): Cartografía dos apelidos de Galicia. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. <http://ilg.usc.es/cag/> [Consultado: <data>]
  • atos xerais:
  • Número de apelidos da base de datos 5088457
  • Número de apelidos diferentes9279
  • Concellos de Galicia 315
  • Orixe dos datos Censo 2001 (INE)