domingo, 4 de mayo de 2014

S.O.S. Estradense

Pedido de  Estradense 

"Estimados/as señores/as:

Estou traballando nunha tese de doutoramento na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, titulada 'A música popular no Val do Ulla de 1920 a 1936: a visión desde a prensa comarcal'.

Basicamente analizo os periódicos estradenses El Emigrado (1920-1940) e La Palanca (1932-1936) para ver que referencias a artistas e grupos hai, etc.
Quería preguntarlles tres cousas:

1 - Se poderían ter fotos de bandas de música, coros, gaiteiros, orquestras, etc, relacionadas coa Estrada ou con colectivos estradenses en Bos Aires. Válenme tamén anteriores a 1920 e posteriores a 1936 sempre que sexan de datas próximas.
Se coñecen outras persoas que poidan ter fotografías deste tema e desa época, pois tamén lles agradecería o contacto.

2 - Se poderían ter algún periódico publicado na Estrada ou Forcarei entre 1886 e 1940, que eran:

DE FORCAREI:


Acción Social (1923)



DA ESTRADA:


Eco de La Estrada (1912-1919)


Eco Estradense (190?-1923?)


El Barrendero (1886)


El Emigrado (1920-1940)


El Estradense (1906-1909)


El Estradense (1918-1919)


El Estradense (1935?)


Estrada Republicana (19??-1931)


La Ciudad de Dios (1932)


La Estrada (1921)


La Estrada (1932)


La Palanca (1932-1936)


La Tranca (193?-193?)


La Vanguardia (1931-19??)


Voz del Pueblo (1906-1908?)

3 - E a última consulta, se dispoñen de exemplares de 'Unión Estradense' ou calquera outra publicación de colectivos estradenses en Arxentina, editada entre 1886 e 1940.

Agardando a súa resposta, saúdos de

Henrique Neira

No hay comentarios:

Publicar un comentario